Daniel Veiga - 06-05-2006 17:43:23 | Categoria:
SERVIZOS DE INTERESE
BLOGS NA EDUCACIÓN
Para aprender algo máis sobre Blogs na educación é necesario ler blogs educativos. O blog que recomendamos agora podemos consultalo
aquí.
NOVOS BLOGS
Os novos blogs dos compañeiros do Seminario Permanente
O Blog de Javier Pérez
EDUCACIÓN DE ADULTOS.
O Blog de Manuel López
PROGRAMA DE GARANTÍA SOCIAL DE CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS EN ALUMINIO.
Daniel Veiga - 04-04-2006 19:38:09 | Categoria:
Información do Seminario
APLICACIÓNS DA WEB 2.0
Unha vez que nos adentramos -un pouco- no mundo dos blogs, comezamos a aprender outras interesantes aplicacións que, cada día, nos ofrecen algo novo.
Documento de novas aplicacións.
Daniel Veiga - 03-04-2006 22:40:40 | Categoria:
Información do Seminario
ORIENTARSE CON INTERNET
A actividade de "Orientación con internet", promovida polo Departamento de Orientación do IES "García Barbón" pretende potencia-lo uso das novas tecnoloxías no ámbito da orientación académica e profesional.
Suscribir unha conta de correo electrónico.
Dotarse dun blog ou modalidade de páxina web -simple e sen coste-.
Coñecer e usar outros servizos de interese relacionados co blogs e coa web 2.0.
Utilizar o blog como recurso de aprendizaxe e de información académica e profesional.
LITERATURA GALEGA CON BLOGS
O profesor
Serafín Vázquez realiza unha parte das actividades docentes da asignatura de
Literatura Galega do século XX coa axuda dos blogs.

Daniel Veiga - 20-03-2006 19:45:08 | Categoria:
General
ORIENTARSE CON INTERNET
En 1º de Bacharelato estamos procurando que o alumnado se familiarice coas novas tecnoloxías. Para elo, en sesións anteriores, cada alumno dotouse dunha conta de correo electrónico en YAHOO (primeira sesión), creou un blog en BLOGIA e comezamos a aprender sobre a publicación de información no noso blog (segunda sesión).
Na sesión do día 13 de marzo de 2006 vamos dar un paso máis na aprendizaxe. En primeiro lugar, vamos suscribir unha conta para cada alumno/a en BLOGLINES.
En segundo lugar, unha vez recibida a confirmación da nosa suscrición en Bloglines e realizada a validación correspondente no noso correo electrónico, procederemos a utilizar o servizo de suscrición de novas . Antes de pechar o correo electrónico, mandaremos unha mensaxe a: iesbarbon@gmail.com na que anotaremos: (Asunto= o meu blog) (texto= nome completo do meu blog).
En terceiro e último lugar, suscribimos -engadimos- no noso Bloglines -previa identificación do servizo de RSS- o Blog de Orientación, o Blog de Matemáticas e o Blog Blogalego .
I.E.S. GARCÍA BARBÓN - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Daniel Veiga - 11-03-2006 12:59:54 | Categoria:
General
ORIENTARSE CON INTERNET
CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
ORIENTARSE CON INTERNET
http://aprender.blogia.com http://ocinoiesgb.bitacoras.com
Nome e apelidos: 7/3/2006
1.- (1 punto) Mandar un correo electrónico a xagbverin@gmail.com cos datos que se detallan:
Título: Datos para a a tarxeta de visita
(copiar e pegar)
Nome e apelidos:
Correo electrónico:
Blog:
Teléfono:
2.- (2 puntos) Mandar un correo electrónico a xagbverin@gmail.com -tendo en conta as anotacións que se acompañan-:
Abrir un documento de word e escribir unha valoración da actividade de orientación con internet. Propostas de mellora.
Título: Valoración da actividade
Texto: A miña opinión
Mandar o texto de word como arquivo engadido
3.- (2 puntos) Publica unha (1) nova no teu blog con:
- información de actualidade sobre Verín,
- imaxe
- e un enlace relacionado
- (podes consultar www.laregion.net www.lavozdegalicia.es ou www.verin.net )
4.- (1 punto) Crea un tema no teu blog co título de: COMARCA DE VERÍN
Crea un tema no teu blog co título de: BUSCAR INFORMACIÓN
5.- (1 punto) Crea un enlace no teu blog a: www.orientacion.blogia.com
Crea un enlace no teu blog a: www.verin.net - os dous enlaces na portada-
6.- (1.5 puntos) Entra na páxina de La Voz de Galicia (www.lavozdegalicia.es ):
- identifica o servizo de RSS.
- engade o rss das novas de Economía no teu Bloglines.
Manda por correo electrónico a xagbverin@gmail.com unha das informacións que elixas.
7.- (1.5 puntos) Entra na páxina de CONSUMER (www.consumer.es ):
- identifica o servizo de RSS.
- engade o rss das novas de Educación no teu Bloglines.
Manda por correo electrónico a xagbverin@gmail.com unha das informacións que elixas.